Page 64 - Edición final para libro digital
P. 64
San Pedro, e localizábase onde hoxe está o cemiterio vello. Tratábase du-
nha edificación de estilo románico construída no século X i estaba composta
por dous corpos, a Capela maior, de bóveda, e a nave central composta de
varios arcos con pequenas capelas tamén en forma de bóveda os seus la-
dos. Na capela maior, a beira do Evanxeo, aparecía gravada unha inscrición
que dicía.”Aquí xace Don Vidal de Falcón, mercador (ou procurador) da
Vila ”. No atrio da Igrexa celebrábanse as sesións municipais e servía tamén
Restos da antiga igrexade San Pedro. (Foto José M. Bermúdez)
como lugar de enterramento; moitas das lousas con escudos e sinos que alí
se atopaban foron usadas para empedrar as rúas. Había na Capela maior
63