Page 65 - Edición final para libro digital
P. 65
unha sepultura en cuxa cuberta aparecía en releve un sacerdote cun Cáliz
entre as mans. O altar maior estaba feito de unha soa pedra de grandes
dimensións, tiña un retablo pequeno de mármore i enriba del, unha imaxe
de San Pedro ataviado cunha roupa de seda verde, acompañada esta imaxe
Igrexa Parroquial. (Foto José M. Bermúdez)
por outras, concretamente unha da Virxe co neno en brazos, outra de Santa
Catalina e unha de San Antonio, no alto, na parte traseira do retablo, erguí-
ase un crucifixo grande de madeira e as imaxes da Virxe e de San Xoán. Esta
Igrexa estivo habilitada como colexiata até terminaren as reformas da reito-
ral de Santa María do Campo. Na actualidade está derruída, durante moito
tempo unha das súas dependencias serviu para deposito do cemiterio. O
carón da antiga Igrexa de San Pedro e ocupando parte das súas ruínas,
construíu en 1.665, Don Domingo Giance de Caamaño a Capela das Angus-
64