Page 69 - Edición final para libro digital
P. 69
Este Santuario situado a entrada da Vila , vindo pola estrada de
Santiago, a man dereita, foi eixe principal e referencia para a construción o
seu redor do barrio que ostenta o mesmo nome.
A súa construción comezou nos primeiros anos do século XV, pouco
despois de finalizar as obras da Colexiata Muradá.
Segundo a tradición, o templo alzouse en honor a Imaxe da Virxe,
chegada por mar no século XV e atopada na praia existente fronte o San-
tuario. Esa mesma imaxe permanece na Capela i é a que dou nome o igrexa
e o propio barrio que se levantou o seu carón.
A pesar do que diga a lenda, non temos referencias exactas da súa
construción, existen documentos que mencionan xa esta Capela a principios
do século XV. De feito un testamento do muradán Fernán Boom escrito en
1.421, fai referencia a herdanza de varias casas, e nunha carta do ano 1.490
pódese ler: “Eu Jacome de Vigo notario e procurador dos lacerados de Sta.
María do Camiño....”. É nese testamento onde Dona María Peres deixa en
legado parte dos seus bens os lacerados de Santa María do Camiño.
Segundo contaba o Cardinal Hoyo, eran as casas que se atopaban
na parte de arriba da Igrexa onde se atopaba o hospital de lázaros, sendo os
seus sotos o lugar reservado para as cabalerías dos que se acercaban o San-
tuario procedentes dos pobos limítrofes. Nos libros levados polos cobrado-
res de pensións e rendas do Reino, figuraban como pertencentes o Santua-
rio.
Sen embargo a casa encostada a Igrexa pola parte darriba, que es-
taba dividida en dúas vivendas habitadas, unha por Bonifacio Caamaño e a
outra metade por as chamadas Canaleiras, deixan oculta a fachada superior
do templo, usando como medianeira a parede da Igrexa o seren construí-
68