Page 71 - Edición final para libro digital
P. 71
A medida que se foi estendendo o pobo e foron crecendo as distin-
tas aldeas que forman parte do Concello, fóronse construíndo outras igre-
xas e capelas, varias delas financiadas por particulares para agradeceren
favores divinos ou solicitar indulxencia; outras eran costeadas pola propia
Igrexa ou polos gremios sectoriais. Algunhas destas capelas ou ermidas
erixíronse nas aforas do pobo e outras mesmo nos barrios que xa formaban
a Vila ou no medio das aldeas. Xa no ano 1.480, don Lourenzo Estévez fixo
construír no monte de San Marcos, entre Taxes e Campo de Cortes, unha
Capela e cruceiro de Santa Cruz. (Colección “Foto Otero”)
pequena capela que se coñece como “capela de San Marcos”, e pouco mais
abaixo, existiu, durante moito tempo, outra pequena capeliña chamada de
Santa Cruz, da que hoxe tan so queda o cruceiro que se levantaba xunto a
ermida. Posiblemente existisen moito antes do século X as igrexas de Serres
70