Page 75 - Edición final para libro digital
P. 75
Margarita Pérez, año 1.646.”. Tomando este e outros indicios como refe-
rencia, supón Don Ramón que na edificación do convento participaron ta-
mén outros veciños da Vila .
No ano 1.806 e seguintes leváronse a cabo significativas obras no
convento, en parte grazas a unha esmola de 61.700 reais que recibiu a orde
como donativo, por parte do veciño de Cádiz nacido en Muros, Don Ignacio
Suárez. Juan de Castro, mestre de obras na Vila , foi o encargado de levar a
cabo as reformas, consistentes en abrir novas ventás e arranxar pisos, tabi-
ques e tellados.
A revolución de 1.835 alcanzou tamén os enclaustrados deste con-
vento, polo cal quedou abandonado. Nun informe da deputación provincial
da Coruña datado o 9 de marzo de 1.836, faise referencia o decreto de 1 de
febreiro de 1.836 acerca do destino dos conventos e mosteiros da provin-
cia; no mesmo informe di que o de Muros deberá ser derrubado e posto a
venda. Non foi até o 22 de xullo de 1.848 que saíu a poxa o convento, sendo
adxudicado a Don Manuel Benancio Martínez, pola cantidade de 6.230 pe-
setas. A propiedade pasou por diversos donos, quedando finalmente no
poder dos testamentarios do señor García Pan. Dise que a Igrexa foi com-
prada por unha persoa da Coruña cuxa identidade non se coñece.
74