Page 79 - Edición final para libro digital
P. 79
te chegaría a ser embaixador de Enrique IV e dos Reis Católicos, comenda-
dor de Segovia, Toledo, Valladolid e Guadalaxara (1.464) , así como provin-
cial da súa orde en Castela e Portugal, cargo que comezou a desempeñar en
1.466. Formou parte do concello dos Reis e, como oidor, na súa audiencia,
ademais de moitas outras actividades levadas a cabo o longo da súa vida.
O 30 de agosto de 1.465, o Rei Enrique IV noméao o seu Capelán e
asígnalle unha cantidade de 30.000 maravedís para que os doe como renda
real a calquera Vila do Reino de Galicia. Don Diego pediu que a cantidade
outorgada fose situada nas alcabalas de viño e peixe da Vila de Muros, na-
quel tempo pertencente o Arcebispado de Santiago, este privilexio, redac-
tado polo notario
do Rei o 1 de ou-
tubro de 1.465 na
Vila de Olmedo,
foi trasladado as
autoridades mu-
radás, sendo en-
tregado os seño-
res Don Diego de
Muros, Don Pedro
patiño e Don Mar-
tín Salazar, o 20
de marzo de
Escudo usado por diego de Muros I. (Fonte “Historia de Muros y 1.476, na Vila de
su distrito”) Noia.
o 15 de xuño de 1.472, Diego de Muros I, é preconizado Bispo de
Tui, cargo que desempeñaría até 1.487, (con graves dificultades acontecidas
78