Page 83 - Edición final para libro digital
P. 83
la Carrera en 1.554. No 1.556 aparecen xa os doutores da universidade e do
colexio, que eran Don Rodrigo Rodríguez e Don Simón Estévez.
Don Diego de Muros III
Nacido en Muros arredor do 1.455, este canónico, ilustre fillo da Vila , era
sobriño de Don diego de Muros I, quen fora Bispo de Tui e Ciudad Rodrigo,
e primo de Don Diego de Muros II, Bispo de Canarias. Súa nai, Catalina Gó-
mez, estivo casada en segundas nupcias con Fernán Casquizo, pai político
de Don Diego, un escudeiro natural da Vila de Cee, o igual que tamén o era
súa nai. Foron seus avós, Don Diego Rodríguez de Muros, xuíz da Vila desde
o 1.418 até o 1.423, e fundador do hospital da Trinidad, (Hospitalillo), e
Teresa Sánchez de Moscoso, Que pertencía a familia dos que foran logo
Condes de Altamira. Sábese que tivo un irmán chamado Sancho Sánchez,
finado en Cee antes de 1.497.
Sendo aínda un mozo veuse enormemente influenciado por seu tío,
o Bispo de Tui, quen foi unha figura decisiva na carreira de Diego III. A súa
notoriedade social empezase a fraguar con tan so 19 anos, cando o 1 de
agosto de 1.474 é nomeado canónico compostelán, foi sen dúbida este o
prezo da nova alianza entre o Bispo de Tui e o Arcebispo Fonseca, firmada o
10 de abril de ese ano e retirada o 6 de abril do ano seguinte, contra o Con-
de de Camiña, pero pactada por Fonseca. Seu Tío suporía para el un moi
seguro apoio para promocionalo na carreira eclesiástica. Diego pasou xunto
a el a súa xuventude i é moi probable que fose el mesmo quen o nomeou
sacerdote, Segundo parece, o pai biolóxico de Diego era irmán do Bispo de
Tui. A pesar do seu arraigo a Vila muradá, non é seguro que vivira nesta,
82