Page 82 - Edición final para libro digital
P. 82
Este insigne personaxe veuse, o longo da súa vida, inmerso en va-
rios e diversos conflitos, debendo loitar moitas veces pola defensa e recu-
peración dos seus estados eclesiásticos, periodicamente atacados e usur-
pados polos nobres revolucionarios da época.
Este diego de Muros foi o fundador da colexiata de Baiona en 1.484
e quen instituíu a Abadía de Montereal.
Faleceu en Ciudad Rodrigo no 1.492, si ben no seu epitafio figura
como ano do seu falecemento 1.491, data que non coincide coa aparecida
na copia do seu testamento expedida nesta mesma Vila o 15 de marzo de
1.493. Permanece sepultado na Capela maior da Igrexa desta localidade.
Don Diego de Muros II
O que foi Bispo de Canarias desde 1.496 até 1.507, ano no que mo-
rreu, Don diego de Muros II, tiña como verdadeiro nome o de Diego López
De Burgos e créese que era natural de Santiago, onde seu pai fora alcalde
no 1.450. Pero segundo o autor da obra “Antiguedades de La Gran Cana-
ria”, era fillo da Vila de Muros. Xunto co seu parente Diego de Muros, Dean
da catedral de Santiago e logo Bispo de Mondoñedo e Oviedo, e co notario
Gómez de Marzóa, fundou o chamado “Estudio Viejo”, que acordaron po-
ñer nas casas que de seus pais había herdado. Unha fundación destinada o
ensino a similitude de unha universidade, na cal se impartían cátedras e a
cal tan so lle faltaba o dereito de conceder grados para chegar a ser unha
verdadeira universidade. Entre os reitores deses colexios, que sempre debí-
an ser canónicos, topáronse importantes personaxes tales como: Joaquín
Auñón en 1.525, quen se titula en 1.527 reitor do colexio Fonseca, Lope
Sánchez de Ulloa en 1.539, Simón Rodríguez en 1.548, Pedro Maldonado de
81