Page 78 - Edición final para libro digital
P. 78
Os Diego de Muros
Tres foron os “Diego de Muros”, todos eles clérigos, que alcanzaron
unha gran relevancia, tanto polas súas obras como polo poder que chega-
ron a posuír nos altos estamentos do Reino, tanto no ámbito relixioso como
político, chegando algún deles a influír directamente en decisións de go-
berno e acadando grandes logros para a posteridade, polo cal forman parte
moi importante da historia desta vila de Muros.
Don Diego de Muros I
Este ilustre veciño da Vila naceu en Muros no ano 1.410, en data
sen confirmar, e finou en Ciudad Rodrigo 8 de decembro de 1.491. Fillo de
Diego Rodríguez de Muros e Leonor de Viveiro, e descendente dunha fami-
lia podente e nobre da Vila , fixo os seus estudos na universidade de Sala-
manca, chegando a ser un dos mais famosos oradores da época, razón pola
cal o Rei o nomeou Predicador Real da súa Real capela.
Era Don Diego un gran teólogo i escritor. Xa con tan so 14
Sinatura de Don Diego de Muros I. (Fonte “Historia de Muros y su distrito”)
anos entrou a formar parte do servizo de Don Lope de Mendoza, Arcebispo
de Santiago, até que este se tivo que desprazar a Valladolid. Posteriormen-
77