Page 80 - Edición final para libro digital
P. 80

durante o seu Bispado como se verá mais adiante), data na que é traslada-
          do a Ciudad Rodrigo, para cuxa sede eclesiástica foi presentado polos Reis

          Católicos mediante unha carta escrita por estes os seus embaixadores na
          Santa Sede, o 2 de maio de 1.486

                 Cando reclamaron as cortes contra as concesións feitas por Enrique
          IV, e os Reis Católicos anularon a maioría delas, o confesor da Reina, Frei
          Fernando de Talavera, formou unha lista na que figuraba Don diego de Mu-

          ros, Bispo de Tui, como unha das persoas propostas para que se anulase a
          súa pensión de 30.000 maravedís. Tomadas as terras do Bispado polos por-
          tugueses Don diego debeu abandonar a súa dioceses, volvendo o Bispo a
          facer posesión do seu territorio, créndose definitivamente a salvo dos por-
          tugueses cando este quedou novamente libre debido a prisión de Camiña.

          Sen embargo o Rei Frontero de Barcelos nomeou a Pedro de Mendaña para
          facer a guerra en Galicia, tomando os portugueses novamente Tui e outros
          tres castelos pertencentes o Conde de Camiña, Isto dou lugar a prisión de

          Don Diego en 1.477, dando orixe a unha época especialmente desafortuna-
          da  para  o  Bispo  de  Tui  que  chegou  a  permanecer  encerrado  durante  15
          meses nunha gaiola. En 1.485 foi feito novamente prisioneiro polo Conde
          de Camiña, quen ordenou encerralo nunha bóveda subterránea na fortaleza
          de Fornelos.


                 Don Diego perdooulle pero seguiu molestando o seu sucesor, Don
          Pedro  Beltrán,  desde  Baiona.  Esta  actitude  foi  a  causa  de  que  no  Sínodo
          celebrado no ano 1.479 en Vigo, ditase contra el e os seus descendentes
          unha severa medida, inhabilitándolles para obter beneficios da Dioceses até
          a cuarta xeración.





                                                                           79
   75   76   77   78   79   80   81   82   83   84   85