Page 84 - Edición final para libro digital
P. 84
mais ven crese que habitou en Cee na súa infancia, pos alí residían seus
pais.
Diego de Muros destacou notablemente na parcela da xenialidade.
Foi o mesmo tempo estudante, mestre, profesor, escritor e mecenas. Un
dos momentos mais importantes para diego foi cando abandonou Galicia
cara a Salamanca coa idea de meterse de cheo no campo da cultura e la-
brarse o seu camiño no escenario político e relixioso. Especulase co ano
1.476 cando tomou a decisión de emprender un novo rumbo, non tendo
mais de 22 anos.
Atopábase o mozo Diego no seu retiro académico en Salamanca
cando seu tío foi feito preso polos portugueses. Alí puido dixerir as amargas
experiencias que el mesmo reviviría despois como Bispo de Oviedo.
Finalizada a súa estancia en Salamanca en febreiro de 1.484, había,
a demais do aprendido nos seus estudos, pasado por una serie de vicisitu-
des que forxaron a súa personalidade, e aportaron os seus coñecementos o
saber das súas vivencias e da experiencia. Estando na cidade do Tormes
viviu nos anos 1.477 a 1.479 o proceso de Pedro de Osma, que tivera gran
resonancia nacional e repercusión en toda a cristiandade. En 1.479 veuse
afectado pola peste, o que lle obrigou a parar e a presenciar o pavoroso
espectáculo da morte e do sufrimento. Foi testemuña privilexiada da visita
dos Reis e da reforma da universidade proclamada polos Reis Católicos en
1480.
83