Page 76 - Edición final para libro digital
P. 76
No ano 1.873, volveu a ser habitado polos frades franciscanos que
se encargaron da súa restauración, promovida polo Padre Coll.
A construción do convento é sinxela, a Igrexa é de estilo oxival, o
arco triunfal ten colum-
nas e capiteis bizantinos;
o claustro é pequeno
pero elegante e nun dos
seus lenzos aparece esta
inscrición:
O convento dos
franciscanos de Louro
tivo unha gran importan-
cia no Concello en épocas
pasadas xa que posuía
moitas rendas, terras e
pensións. Todo isto foi
vendido no ano 1.835,
cando o convento foi
abandonado. No arquivo
histórico de Madrid existe Hornacina no claustro do convento. (Foto José M.
un documento no cal Bermúdez)
aparecen cantas e cales eran a súas propiedades e riquezas.
Desde a entrada do convento, moi preto do cemiterio, da comezo
un “Vía Crusis” que se compón de 15 pequenas torres; en cada unha das
cales se presenta un cadro da Paixón. Estas torres están dispostas ao longo
dun camiño que sube pola ladeira do monte até chegar a última estación
75