Page 66 - Edición final para libro digital
P. 66
tias, cuxas paredes exteriores e tellado foron reparados o século pasado.
Diante desta Capela atopase un gran atrio, totalmente renovado, que fai as
veces de praza xusto a entrada do Centro Cultural. Este lugar, a pesar de
estar actualmente empedrado, sigue sendo coñecido como “campo de San
Pedro”.
Non foi até finais do século XIV, no ano 1.999 que, por mandato do,
entón administrador do arcebispado de Santiago, don Lope de Mendoza,
se comezou a construción da igrexa de Santa María do Campo, coñecida
tamén como “A nova”; a cal foi terminada polo Concello no ano 1.400. O
seu interior esta composto por unha gran nave central sustentada con catro
elevados arcos, os lados da cal hai seis pequenas capelas abovedadas; no
seu fronte, nun nivel lixeiramente superior, topase a capela principal, ta-
mén totalmente abovedada, onde se encontra o altar maior, e tras unha
porta, na parte esquerda, a sancristía. Na parte dereita da mesma hai outra
porta tras a cal existe un recinto no que se gardan os santos e cousas da
Igrexa, este recinto está comunicado coa casa Reitoral pola parte traseira
do templo. A obra comezou sendo románica e terminou sendo oxival, tra-
tándose por tanto de unha edificación de estilo mixto románico-gótica. O
primeiro período pertencen a portada do imafronte e o ábise co rosetón
que se abre sobre o penedo do arco triunfal. Despois, a finais de século
construíronse os arcos torales con robustos machóns de aire románico, logo
o rosetón da fachada, esta de estilo gótico, e finalmente, xa nos séculos XV
e sucesivos, as seis Capelas laterais e a Torre, esta última no ano 1.757. A
arcada e xambas do pórtico son de estilo románico. Ten unha inscrición de
orixe románico sobre a porta lateral que se traduce, mais ou menos, así: “O
Arcebispo Don Lope mandou facer e a fixo. Moitas grazas : O Concello de
65