Page 90 - Edición final para libro digital
P. 90
1.987, o premio “Diego de Muros”, para distinguir o residente que mais
haxa destacado pola súa participación na vida colexial. Don Diego de Muros
III falece o 18 de agosto de 1.525.
Si ben non transcenderon os seus nomes a través do tempo como
no caso dos Diego, outros personaxes, tamén clérigos, colaboraron cos seus
actos a darlle o pobo nome e prestixio, ao tempo que tamén deixaron a vila
importantes legados.
Doutor Frei Juan de Muros
Crese que este personaxe naceu en Muros en 1.395 e faleceu en
1.444. Este frade muradán foi predicador e misioneiro. Pouco mais se coñe-
ce da súa vida, aparte de algúns datos sobre as herdanzas recibidas que
pasaron a súa morte cedidas Vila .
Frei Juan de Muros
Este outro insigne personaxe, dise que tomou o hábito como fran-
ciscano no convento de Louro, polo ano 1.550 e que pasou alí o seu novi-
ciado. No ano 1.610 estivo de relixioso no convento de San Lourenzo, en
Santiago, onde se dicía que se lle escoitaba predicar e se lle veneraba como
un enviado do Ceo. Foi Vicario do Mosteiro das Clarisas Descalzas de Gandía
e Vicario Provincial.
Sendo Frei Juan gardián da recolección no convento de Villalón,
gozou de un gran prestixio, sendo considerado un home de grandes virtu-
des e sabedoría. Chegouse a dicir que profetizou o día da súa morte. É con-
siderado un relixioso venerable. Morreu en Salamanca i está enterrado no
convento de San Antonio.
89