Page 92 - Edición final para libro digital
P. 92
O "Hospitalillo"
No ano 1.380, foi construído por Don Diego Rodríguez, xuíz da Vila
de Muros, parente directo de don Diego de Muros III, o hospital para po-
bres, (hospital da Trinidad), coñecido o longo da historia muradá como
“hospitalillo”. A obra foi inaugurada o 1 de marzo de 1.410 sendo o seu
primeiro procurador Don R. Ares de Finstera. As instalacións foron ideadas
para acoller a xente necesitada da Vila , dispoñendo estas de camas, roupa
e alimento, así como tódolos servizos ne-
cesarios para atenderen as necesidades
dos probes que alí estaban acollidos.
Financiábase o hospital principal-
mente mediante a doazón de parte das
colleitas de diversas parroquias e lugares
do distrito, achegas en diñeiro derivadas
do aluguer de hortas e casas, e importan-
tes ingresos como concesión por parte de
D. Lourenzo Afonso, xurado da Vila , quen
Entradado antigo “hospitali-
cedeu as rendas de aluguer das casas que
llo”. (Colección”Foto Otero”)
este tiña naquela área, comprometéndose a
non vender esas propiedades mentres se
atendese aos probes de Muros que tiveran acubillo no hospital. Estaba o
cargo un procurador nomeado polos rexedores da Vila durante un período
de tres anos. Este procurador tiña a misión de administrar o presuposto así
como de coidar que os que alí estaban mantivesen limpas as instalacións
incluídas a roupa, camas e habitacións. Tamén tiña como función este pro-
curador, a de levar un control dos probes e as súas actividades, facendo
91