Page 91 - Edición final para libro digital
P. 91
A este Frei de Muros, alcumado como “O Venerable”, refírese o
acta municipal de 1.614 da Vila de Muros, na cal se ordena a construción de
un retablo para colocar as reliquias mandadas de Roma, que alí tiñan de
Frei Juan de Muros, e habían enviado para que se depositasen na colexiata.
Don Pedro de Muros
Este personaxe, sen ser familiar dos Diego de Muros, aparece co
mesmo apelido. Foi Cardinal Canónico da Igrexa do Apóstolo. Pedro de Mu-
ros naceu no 1.476, sendo, polo tanto, contemporáneo dos tres Diego. Este
relixioso muradán é citado unha gran cantidade de veces durante o oficio
do prelado de Don alonso I de Fonseca como Cardinal de Santiago.
O 21 de xullo de 1.466, xunto con outros relixiosos, foi apresado por
orden da nai do Prelado e seu fillo Luís de acevedo, cando estaban reunidos
na torre nova da Igrexa tratando asuntos referentes a comunidade eclesiás-
tica Compostelá.
Sen dúbida faltan no recordo outros nomes de veciños da vila que merece-
rían ocupar un lugar nestas páxinas, tanto dos que tomaron parte na histo-
ria como dos que aínda están colaborando nela coa súa obra. A todos eles
quixera facer unha mención colectiva por formaren parte da memoria viva
do noso pasado.
Sen dúbida faltan no recordo outros nomes de veciños da vila que
merecerían ocupar un lugar nestas páxinas, tanto dos que tomaron parte na
historia como dos que aínda están colaborando nela coa súa obra. A todos
eles quixera facer unha mención colectiva por formaren parte da memoria
viva do noso pasado.
90