Page 93 - Edición final para libro digital
P. 93
constar nun libro, xunto o nome de cada un, as súas pertenzas no momento
de chegaren, as enfermidades que sufrían, a súa recuperación e os partes
de defunción daqueles que alí morrían. O hospital era visitado polo alcalde
a principios de cada mes para corroborar o correcto cumprimento das nor-
mas. É de resaltar que xa daquela se tiveron que tomar medidas contra a
corrupción, pois algúns procuradores vendían bens do hospital quedándose
eles cos beneficios, razón pola se debeu promulgar unha orde na cal se
prohibía os procuradores aforar cousa algunha sen previa autorización do
xuíz.
No ano 1.808 decidiuse reconstruír o hospital sobre o mesmo te-
rreo no que se atopaba o antigo, pero paralizouse a obra e non foi até o
Rúa do Hospital
Antigo hospital para pobres, actual centro social para a terceira idade. (Foto José M.
Bermúdez
92