Page 210 - JUNIO 2024
P. 210

Ámoche tanto e estráñoche…                                                                  12

                  Desde o meu recuncho para ti,


                  Só por ti

                  Só por ti esta noite sinto a escribir letras soltas que, como crebacabezas de
                  mil formas, tentan debullar o sentir dun corazón que cada día vive nun

                  universo máis modificado.

                  Un corazón que latexa desenfrenadamente e quere saírse do peito para
                  correr xunto ao teu e estar cada hora, cada minuto, cada segundo máis

                  preto, transmitíndoche as calores que abrazan a miña alma e fanme sentir
                  que a miña vida só ten sentido se ti formas parte dela.

                  O amor chegou, ti sementaches a súa semente no meu peito da que aos

                  poucos vai xurdindo unha árbore que  cada  día é máis forte, con  raíces
                  sólidas que se aferran ao chan que pisan os teus pés.

                  Todos  os  meus  carreiros  conducen  a  ti  e  é  que  por  ti  o  meu  corpo

                  estremécese como nunca antes crin que puidese facelo.

                  Só porque existes as penas e dores internas son máis levadíos, e sen a túa
                  presenza as miñas alegrías non son completas. Ti es esa metade perdida

                  que me complementa, dáme seguridade e minimiza as miñas penas.

                  Cada  "ámoche  o  meu  amor"  pronunciado  polos  teus  beizos  é  como  un
                  feitizo  máxico  que  transforma  o  día  en  noite,  o  mar  en  deserto  e  os

                  Himalayas nunha pradaría pola que camiño co cabelo solto e a fronte no
                  alto,  sorrindo  e  sentíndome  a  muller  máis  ditosa  do  planeta.  Es
                  responsable da metamorfose máis bela que poida existir, pois xunto a ti

                  vou  coñecendo  as  infinitas  cores  que  matizan  a  existencia  dos  seres
                  humanos, como capullo que se abre ao vento sinto que as flores do meu

                  xardín axigántanse e danzan a máis fermosa das melodías.

                  Paz hai na miña alma, seguridade na miña mente, paixón no meu corazón
                  e ilusión nos meus soños. Só por ti respiro, durmo, vibro e anhelo. Es o

                  mellor que me pasou, por favor, nunca te apartes de min.

                  Ámoche demasiado.

                  "Es..."
   205   206   207   208   209   210   211   212   213   214   215