Page 766 - JUNIO 2024
P. 766
Ámoche vida miña, grazas, moitas grazas por permitirme o amarche 5
día a día, noite a noite. Adóroche vida miña…
Ámoche tanto…
O teu amor que moito che estraña... e ámache.
(Ti fasme amarche cada día máis)
CHE AMOOOOO O meu BEGOÑA!!!!
Abrázame a alma.
A miña vida era a historia dunha terra gris, onde habitaba unha árbore
sen froitos, plantas sen flores e animais desapiadados que cortaban o
aire coas súas afiadas garras.
A miña vida existía nun mundo sen soños, sen esperanzas nin anhelos.
A miña vida era plana e baleira, fría e amarga.
Pero un día un raio de sol iluminou o meu ceo abríndose paso entre
espesas e negras nubes para ensinarme que máis aló do que os meus
ollos podían ver había un paraíso cheo de cousas belas que podía
cheirar, mirar e sobre todo sentir.
Ese raio es ti que chegaches para devolverme a risa, a alegría e o
entusiasmo que necesito para continuar na loita do día a día.
A túa presenza fai que a miña imaxinación bote a voar, o tempo non
pase e o meu corazón queira saírse do peito para estar un pouco máis
preto do teu.
Ti es o mellor que me pasou.
Devolviches a cor á miña terra gris e o aroma das rosas ao meu aire.
Toma a miña alma e abrázaa forte, e non me deixes ir, nunca tés apartes
de min, pois sen a calor do teu sorriso, xa non podería vivir.
Pénsame amor
O meu querido amor:
Que felicidade saber que aínda seguimos con este amor, que seguimos
pensando que un día calquera nos abrazaremos como o mar abraza a
area…