Page 771 - JUNIO 2024
P. 771

A  necesidade  de  saber  de  ti,  de  como  estás,  dos  teus  días,  ou  de               10
                  contarche acerca das miñas noites sen ti, fan que me sente no meu
                  recuncho para regalarche unhas letras...

                  Esas  mesmas  letras  que  sempre  chegan  cando  máis  se  necesitan,

                  cando faltan as palabras.

                  Cando faltan as caricias están as cartas que voan ata as túas mans
                  para facernos sentir máis preto.

                  Escribíndoche as distancias non desbasten tanto, contigo sempre me

                  atrevo a voar moi alto, contigo non lle temo a nada e ninguén.

                  Dásme tanta dita e felicidade que non me cabe este amor no peito..

                  A noite, sempre é propicia para escribir estas letras e botar a voar a
                  imaxinación de como sería estar contigo.


                  Polo menos sei que por agora podemos os dous observar a mesma
                  lúa, as mesmas estrelas... e iso faime moita ilusión.

                  Amarche cada día e en cada momento é unha tarefa moi fácil e non
                  está limitada polo tempo.

                  O amor que che entrego é un amor que se dá libre como o vento, non

                  ten necesidade de permisos especiais, só se dá e sente como algo lindo
                  e bendicido.

                  Confésoche que moitas veces me pregunto se as letras que che envío
                  puidesen resultar aburridas, porque parece que sempre son poucas e
                  repetitivas.


                  Pero o amor, seica non é así?

                  Para min sempre é lindo e grato ler ou escoitar as palabras que saen
                  dos nosos beizos e corazóns.

                  "Ámoche", "estráñoche..."


                  Esas palabras xamais cansan, porque son nosas.

                  Este  amor  que  temos  soubémolo  coidar  a  través  do  tempo,  e  non
                  deixarei que se vaia, non me cansarei de escribirche estas palabras...
                  Son  as  nosas  cartas,  os  nosos  sentimentos,  e  iso  xamais  podería

                  cansar.
   766   767   768   769   770   771   772   773   774   775   776