Page 1936 - JULIO
P. 1936
Non teño moito para darche, pero as miñas letras por agora son o meu 15
maior tesouro que para ti gardo, para cando as leas e releas saibas que hai
alguén que de lonxe fai poesía por ti e para ti…
Simplemente porque quere acabar esta vida contigo. Ámoche! Este
sentimento é inexplicable, o que sinto por ti non ten límites.
Ámoche máis que a nada no mundo, es o meu todo, a miña razón de vivir,
a miña ilusión… non podo imaxinar unha vida na que non esteamos
xuntos… iso é imposible. -Non hai outro amor como o noso-
Es ti o que necesito.
O meu amor:
Que felicidade saber que aínda seguimos con este amor, que seguimos
pensando que un día calquera nos abrazaremos como o mar abraza a
area…
Sempre seremos ese amor que cada mes ou calquera día regálase letras,
palabras que impregno neste pergamiño.
Para chegar a ti non necesito escribir rebuscadas letras, non, o noso é algo
simple pero belo, porque só fala o noso corazón, non é nada de libros, nin
obras famosas, só letras nosas, a que nos prometemos cada vez que
falamos sobre o noso.
Pensabas o meu amor, que este día non habería carta para ti?, iso é
imposible, só que ás veces dou voltas neste cuarto que che nomea en todos
os seus recunchos, está tatuado de amor e corazóns que voan querendo
chegar ao teu lado para facernos crer que estamos xuntos e podemos
abrazamos.
Coas nosas cartas na man, quedamos calados os dous, só soa a música
afastada, e inventámonos un conto onde nos atopamos, onde non existen
as distancias, onde non hai unha bágoa de ausencia.
Só vivimos os dous, illados do mundo, porque o desexamos así. Non
queremos nada, só a nós, non quero outros bicos, só os teus, non quero
novas palabras, só as túas porque esas son as que realmente necesito.