Page 197 - MF1869 COMPLETO_Neat
P. 197
Este sistema de análise permítenos definir o que denomina o PUNTO CRITICO, é dicir, o
punto onde o proxecto deixa de ser viable.
No caso anterior, se dispoñemos de remanente na entidade de 5.000,00 € o punto crítico
sería cando o escenario pesimista exceda dita cantidade.
OLLO no escenario pesimista. Se están dentro dos nosos posibles escenarios unha
posible inviabilidade do proxecto sería necesario implantar medidas de corrección, como
salvagardas do tipo “o proxecto realizarase no momento/no caso de que haxa inscritos 45
participantes” ou “suxeito á concesión da subvención municipal”…
INVENTARIO
O inventario é a ferramenta de maior importancia en tempo libre. O uso de múltiples
materiais, provedores, infraestrura... fai necesaria ter unha listaxe ordenada e fiel dos
nosos insumos.
Un exemplo de ficha de inventario avanzado pode ser a seguinte:
Nos produtos con saída da instalación ou de custos altos recomendamos a inclusión de
fotos do produto, nº de serie, elementos identificativos...
197