Page 193 - MF1869 COMPLETO_Neat
P. 193

Cálculo en contratación indefinida:
            1.- Cálculo porcentaxe parcialidade:
             No caso de contrato a tempo parcial acórdase a prestación de servizos durante un número
            de horas ao día, á semana ao mes ou ao ano inferior á xornada de traballo dun traballador
            a tempo completo comparable. Considerásese a xornada a tempo completo prevista no
            convenio de aplicación ou, na súa falta, a xornada máxima legal.

             Para calcular o coeficiente a tempo parcial hai que comparar a xornada do traballador de
            que se trate na mesma unidade de tempo (horas/días, semana, mes ou ano) con outro de
            xornada completa. A fórmula é:

             • (Ax1000) / B = Coeficiente.

             Onde “A” é o nº de horas ordinarias realizadas polo traballador a tempo parcial. E “B” o
            nº de horas da xornada máxima.

             O cálculo da base de cotización nos contratos a tempo parcial será sempre mensual e
            estará constituía polas retribucións efectivamente percibidas, tanto por horas ordinarias
            como complementarias. Se fose inferior á base mínima por horas do seu grupo de categoría
            profesional, tomarase esta como base mínima de cotización.

            Exemplo I:
            Director/a contratada 4 horas día indefinido baixo o III Convenio colectivo marco
            estatal sector ocio educativo e animación sociocultural
            1.  Determinar xornada máxima anual:
              • O convenio establece unha xornada anual máxima de 1742 horas anuais distribuídas en
                xornadas semanais de 38 horas e media
            2.  Calcular días laborais anuais:
              • Días ano-dias festivos-días descanso semanal-días vacacións = 365-14-104-30 = 217
            3.  Calcular horas anuais= 217*4= 868 horas ano
            4.  Calcular porcentaxe de parcialidade:
              • Porcentaxe parcialidade anual: 868/1742 = 49,82%

                               Salario CONVENIO mes               1.165,09 €
                               Meses cálculo                         12
                               Coef. Parcialidade                  49,82%
                               Salario base                          580,45 €
                               P.Extras distribuidas                  96,74 €
                               Nomina bruto                          677,19 €
                               Seg social                            230,92 €
                               Total CUSTO mes                       908,11 €
                               Total CUSTO contrato               10.897,35 €













                                                                                                              193
   188   189   190   191   192   193   194   195   196   197   198