Page 205 - Edición final para libro digital
P. 205

mentos de tropa en diversos pobos da provincia, co obxectivo de controlar
          os guerrilleiros da resistencia que non aceptaban a intrusión nin o dominio

          francés. Muros era un dos poucos pobos que non estaba totalmente some-
          tido á autoridade francesa, esta relativa independencia do goberno de Na-
          poleón atraía o porto da Vila numerosos barcos procedentes de Cataluña,
          Portugal e outros lugares  que salvaban desta maneira os seus cargamentos
          evitando lles fosen requisados polos invasores o encontraren en Muros un

          porto de refuxio desde o cal se abastecían os pobos e cidades onde se esta-
          ba levando a cabo a loita pola independencia.

                 En xaneiro de 1.809 creouse unha Xunta de Defensa da Vila co fin
          de eludir politicamente as  ordes dos invasores, conservar a  tranquilidade
          no pobo e impoñer respecto os delincuentes. Esta Xunta estaba formada

          por homes considerados notables personaxes da  Vila , e para pertencer a
          ela era requisito necesario dispoñer de soldos, rendas ou salarios fixos. Os
          compoñentes desta Xunta eran:

                 Joaquín Beiro (Rexedor), José María Calderón (Presidente), Roque
          Malvárez, Juan Manuel de Lois, (Rexedores), José Giance, (Cóengo da Cole-

          xiata), Juan Lorenzo Patiño, (Cóengo), Luís Antonio Llanes, (Cura), Juan José
          de  La  Peña,  (Médico),  Luís  Cayetano  Cereijo,  Joaquín  Martínez,  Domingo
          Antonio García, (Os tres escribáns), Simón Gómez Reloba, Tomás de Lois,

          Andrés  Julián  Gil,  José  Bueno,  Andrés  de  Lojo,  José  Páramo,  (Alférez  de
          Fragata e axudante da  Vila ), Severo Riomayor, (Oficial Contador), Antonio
          Ameigenda, Francisco Granero, (escriban).









                                                                          204
   200   201   202   203   204   205   206   207   208   209   210