Page 208 - Edición final para libro digital
P. 208
mas contra os franceses, esta discrepancia no procedemento facía que as
citadas parroquias estivesen en pugna con Muros e que os propios guerri-
lleiros chegaran a acusar os muradáns de colaboraren cos invasores para
non sufriren o seus ataques.
Os mais nefastos
presaxios da Xunta fixéron-
se patentes o desastroso 26
de marzo. As tropas france-
sas chegaron esa mañá polo
monte fronte a illa de San
Antón, moito antes de que
Taboada tivese preparada a
defensa. As lanchas non se
habían artillado como se
pensara facer para atacar
as tropas inimigas desde o
mar, tan so un barco portu-
gués que se atopaba fon-
deado na baía podía, coa
súa artillería, apoiar o fogo
do Castelo, mais a súa ac-
tuación foi enormemente
José Bonaparte
limitada, non contribuíndo
en case nada a defensa local. Taboada había prohibido os veciños da Vila
poñerse a salvo obrigándolles a loitar a pesar de estaren desarmados i en
franca desvantaxe. Os paisanos de Carnota, moito mellor situados i equipa-
dos, batéronse durante algún tempo e os de Serres tamén cumpriron, mais
207