Page 207 - Edición final para libro digital
P. 207

zán, a Xunta de Defensa da Vila de “anti-francesa”. Dando credibilidade a
          esta acusación e coa intención de dar un escarmento,  Bazán destacou in-

          mediatamente  unha  partida  de  tropas  para  sufocar  a  insurrección.  Estas
          tropas  saíron  de  Santiago  dispostas  a  asasinar  os  membros  da Xunta  e  a
          queimar o pobo.


                 Ante o inminente ataque das atropas francesas a Xunta propuxo or-
          ganizar a defensa fora do pobo,  en campo  aberto,  a fin de evitar que as

          tropas  francesas  arrasasen  a  poboación.  Taboada  estivo  de  acordo  i  el
          mesmo  escolleu  o  sitio  onde  apostar  a  xente  que  considerase  necesaria
          para resistir a acometida dos franceses, ao tempo que se organizaban para
          estender a alarma polas poboacións lindeiras.

                 Estábanse  facendo  os  preparativos  para  montar  o  dispositivo  de

          defensa cando regresou a Xunta Taboada co tal Pedro, determinando que a
          defensa deberíase facer desde o principio en Muros. Esa mesma tarde Pe-
          dro Romero partiu cara o porto de  Vilagarcía  coa intención de buscar unha
          fragata inglesa con fusiles e munición. Tales reforzos nunca chegaron e Pe-
          dro Romero non volveu a aparecer pola  Vila .


                 A partir dese momento a Xunta deixou nas mans de Taboada toda a
          autoridade, poñéndose o seu servizo e facéndolle entrega do almacén de
          pólvora xunto con tódalas armas das que dispoñían no Castelo, entregáron-
          lle tódalas provisións que este solicitou. A Xunta permanecía no Concello a
          espera  das  ordes  que  Taboada  lles  transmitira.  A  pesar  de  todo  a  Xunta

          sígueo  insistindo  na  conveniencia  de  esperar  os  franceses  fora  da  Vila  e
          intentar a diplomacia para evitaren que o pobo fose destruído, tiñan, sen
          embargo, tamén en contra os veciños das parroquias de Serres, San Mame-

          de, Carnota, Esteiro e Lira, que tamén sostiñan debía procederse polas ar-

                                                                          206
   202   203   204   205   206   207   208   209   210   211   212