Page 209 - Edición final para libro digital
P. 209

vendo uns e outros como os de Muros, desprovistos de armas, pois Taboa-
          da habíallas entregado os que loitaban na vangarda, habendo fuxido o ver

          que  non  podían  conter  o  inimigo, so  trataban  de  escapar,  foron  facendo
          progresivamente o mesmo, de forma tal que as tropas francesas penetra-
          ron  na  Vila  pasando  a  coitelo  a  todos  cantos  topaban  no  seu  camiño  e
          queimando as casas. Taboada había tomado a precaución de coller os car-
          tos antes de embarcar nunha lancha para fuxir pero foi interceptado por

          uns  veciños  acalorados  que  conseguiron  recuperar  o  diñeiro.  Díxose  que
          finalmente  Taboada  conseguiu  refuxiarse  no  barco  portugués,  escapando
          cara a o Pindo desde onde marchou a Corcubión.





























                               Fusilamentos do 3 de maio, (Goya)

                 O resultado final daquela defensa foi a ruína do pobo. Aínda que

          moitos puxeron a salvo as alfaias, papeis e cartos de que dispoñían gardán-
          doos nas lanchas que tiñan varadas na praia. Outros veciños conseguiron

                                                                          208
   204   205   206   207   208   209   210   211   212   213   214