Page 210 - Edición final para libro digital
P. 210

fuxir por mar e, a pesar das ordes de Taboada, ese mesmo día 26, a primei-
          ra hora da mañá, foron moitos ,tamén, os homes mais vellos que, xunto con

          nenos,  mulleres  e  enfermos,  abandonaron  a  Vila  buscando  refuxio  nos
          montes dos arredores para poñeren as súas vidas a salvo. Isto evitou que a
          invasión da Vila fose unha atroz carnicería a pesar de seren bastantes os
          homes,  mulleres  e,  incluso,  nenos  que  foron  asasinados  polos  soldados.
          Pero a destrución do pobo foi case total, foron queimadas 185 casas e foron

          destruídos os arquivos municipais e documentos de gran valor histórico que
          se gardaban nas casas das personalidades do pobo as cales foron a mais
          prexudicadas, o resto do pobo quedou practicamente inhabitable.  Alma-

          céns e comercios resultaron presa do lume quedando a Vila desabastecida
          e familias enteiras atopáronse de un día para outro na rúa, espidos e sen
          teren  que  comer.  Foi  tal  a  destrución  causada  que  aínda  no  Nadal  dese
          mesmo ano Cando xa os franceses abandonaran a Vila permanecían as ruí-
          nas e as rúas seguían cheas de escombros.




                      Segunda incursión francesa



                 No mes de xuño do mesmo ano, volve a sufrir o pobo outra incur-
          sión das tropas enviadas polo Bazán, (O traidor que exercía de director para
          os  franceses  na  provincia),  volvéronse  a  poboar  os  montes  de  xente  que

          abandonaba a Vila e repetíronse os embarques e transportes ante o temor
          dun novo saqueo e incendio, pero esa segunda vez Muros contou coa axuda
          da fragata inglesa “Aretusa”, ao mando do capitán Robert Mends, que coa
          a súa artillería e coa súa tropa, axudado polos naturais da  Vila , fixo fuxir os

          franceses. A pesar de haberen sido repelidos pola fragata e a tropa inglesa,

                                                                          209
   205   206   207   208   209   210   211   212   213   214   215