Page 11 - JUNIO 2024
P. 11
O meu amor por ti é quedarme na túa alma, nos teus sentimentos, no teu 9
corazón, nos teus recordos e en cada un dos bicos que me dás, enchendo a
miña alma de felicidade infinita.
O meu amor por ti é pensarche, é sentirche cada segundo da miña vida, é
espertarme coa alegría de poder verche, é desexar que o amor nos dure para
sempre e non nos separemos nunca.
O meu amor por ti é máis que amor, máis que palabras, máis que un
destino ou un desatino, é unha explosión da luz ao bordo do camiño; unha
decisión de ser ou de non ser.
O meu amor por ti son mil poemas que sen querelo escríboche; son bicos,
son suspiros, son abrazos, son delirios, é entrega, son orgasmos deliciosos,
compartidos, permanentes, milagrosos, repetidos de felicidade. É a maxia
da túa voz, é o encanto das túas palabras, é a miña alegría, é a miña poesía,
é... o meu amor por ti.
A miña Esposa, a miña Amiga e o meu Amante, sempre teu, sempre miña,
sempre noso. Ámoche o meu Begoña.
(Ti fasme amarche cada día máis)
Sempre teu… sempre miña… sempre noso.
Desde o meu recuncho para ti.
O meu MELLOR AGASALLO ES TI
Amor meu:
Hoxe quero dicirche que ti fuches na miña vida o mellor agasallo, o anxo
do ceo que pinta a miña vida de cores, que enche os meus ollos de amor,
que derrite as miñas mans inquietas e toca o meu corazón coa súa voz.
Es o meu anxo, es a razón do meu pensamento e o soño das miñas noites,
porque pasa o tempo e só penso en ti, porque sorrir contigo, é sorrir comigo,
porque es un sol, es un mar, es a forza do mundo, es esa brisa que entra
cada mañá pola miña xanela ao espertar.
Es o meu mellor agasallo, o meu anxo amada.