Page 15 - JUNIO 2024
P. 15

Déixame que me siga mirando en ti, ti es o meu espello e a persoa que                       13

                  reflicte as miñas emocións, quen é motivo de sentimentos e de praceres.
                  Ti es o meu espello e por iso non de mirarche, non deixo de pensarche e

                  non deixo de amarche.

                  A miña Esposa, a miña Amiga e o meu Amante, sempre teu, sempre miña,


                  sempre noso. Ámoche o meu Begoña.

                  (Ti fasme amarche cada día máis)

                  Sempre teu… sempre miña… sempre noso.

                  Ámoche tanto…Cielo todo de ti.

                  Sempre mírame o meu amor:

                  Hoxe todo é diferente, os murmurios do vento, o sol, as estrelas e todo

                  parece distinto, e é porque hoxe todo en min amenceu namorado ata as
                  trancas, enfeitizado pola grandeza deste amor -o noso amor.

                  Xa nada se parece a outros meses, outros tempos, porque este amor crece

                  dunha maneira que ás veces me asusta un pouco, parece que o corazón se
                  saíse do peito de tanto amor que dar e de tantas caricias que esperan por

                  ti.

                  Hoxe  a  miña  pluma  escribe  lixeira  para  chegar  ás  túas  mans,  para
                  acariñarche cos meus soños, para facer que este amor que sinto alóxese en
                  ti, nos teus ósos, así como está aloxado en min.



                  -Non hai outro amor igual-
                  Cando sinto que todo o que che poida escribir é pouco, chega á miña mente

                  o teu nome e véxoo gravado en todos os recunchos do meu cuarto, do meu
                  recuncho,  e  é  que  nunca  me  canso  de  dicir  ou  escribilo,  é  como  unha
                  adicción.


                  Ti es a miña bela adicción, un amor de grandes plans, de lume e de xeo, de
                  ausencias e proximidades, amor que sente en todas as dimensións, é como
                  un gusanito que percorre o meu ser e pónlleme a pel erizada de só pensar

                  nas túas mans, a túa cara e os teus abrazos.
   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20