Page 281 - JULIO
P. 281
Foi a túa sinxeleza o que me namorou, a túa doce voz cativoume, a túa
7
mirada acendeu toda esta paixón.
Os teus bicos tatuáronse no máis profundo da miña alma e quedei atado a
ti para sempre, preso do teu feitizo…
O meu corazón non pode seguir latexando sen ti, o teu encanto feriume,
cambaleándome polo golpe…
Oxalá soubese que é o que me fai seguir amándoche tanto, seguir amándoche
cada d ía máis…
Agradable condena é amarche tanto, son reo das túas caricias, convicto dos
teus bicos, prisioneiro de ti, condenado a amarche.
Eu sei que me equivoquei, equivócome e seguireime equivocando moitas
veces, pero non me equivoquei ao entregarche o meu corazón.
Talvez ti non o penses as í, pero para min es a persoa perfecta e especial
que esperaba con tantas ansias.
Es perfecta para min: os teus beizos doces, os teus ollos cheos de tenrura
fixéronme entender que non era unha equivocación entregarche o meu
corazón, que es a persoa que o saberá coidar.
Ti es a persoa perfecta a quen lle podo confiar a miña vida enteira.
Por favor, coida de min, coida de min corazón, porque xa non me pertence…
abandonou o meu corpo e depositeino nas túas mans…
Cóidao, ámao, é teu, perténceche…
Ámoche hoxe e sempre. Cada latexado do meu corazón é só por ti.
Ámoche.
A MULLER MÁIS FANTÁSTICA DO MUNDO
Poida que eu sexa a única persoa sobre a face da terra que saiba que es a
muller máis fantástica do mundo.
Poida que eu sexa o único que aprecie o asombrosa que es en cada unha das
cousas que fas e en como es comigo, e en cada un dos pensamentos que tes
e en como dis o que queres dicir e en como case sempre queres dicir algo
que ten que ver con ser sincera e boa.