Page 97 - JULIO
P. 97

Moitas veces penso que necesitamos un lugar para vivir felices.                             6

                  Hai unha estrela chamada “Amor”, está a esperarnos para vivir nela todas

                  as emocións e ilusións que soñamos.

                  Creo que non debemos buscar palabras de grandes poetas ou rebuscadas,
                  porque o amor é sinxelo, é fácil de entender, é fácil de dicir, son palabras


                  moi ditas e que sempre serán perpetuas no tempo.
                  O meu amor, de tanto soñar contigo construín un mundo onde só estamos
                  ti e eu, ninguén máis, xuntos vivindo con intensidade todo o que gardamos

                  nos nosos corazóns.

                  Alí, nese mundo tecemos unha suave manta de amor que abrigamos coa
                  calidez dos nosos bicos, onde abrazados miramos a luz da lúa e durmimos

                  sen medo, crendo que ao espertar seguiremos xuntos, podendo levantarnos
                  felices de poder mirarnos aos ollos.

                  Mais como por agora só son soños... Entre soños abrázome a ti coa firme

                  convicción de estar nos teus brazos soñados ata poder a estar contigo en
                  carne e óso, como agora a miña alma estao.

                  Agora mesmo, á luz da lúa, podería durmirme ao teu lado sen temor ao

                  mañá. Non te esquezas o meu amor que a esperanza e a forza do noso
                  amor é o que nos vai a manter sempre unidos, sempre namorados...


                  Este novo ano, vólvoche amar coma se fose a primeira vez.

                  Sempre miña, sempre teu, sempre noso.

                  Desde o meu recuncho para ti.

                  O teu amor.


                  Ámoche vida miña, grazas, moitas grazas por permitirme o amarche día a
                  día, noite a noite. Adóroche vida miña…


                  Ámoche porque es o meu complemento, porque es na miña vida o amor que
                  soñei un día ter, ámoche por ser quen es.

                  Ámoche, vida miña, ámoche con toda a forza do meu corazón, ámoche coa

                  alma, ámoche para sempre.

                  Ámoche vida miña, grazas, moitas grazas por permitirme o amarche día a
                  día, noite a noite.
   92   93   94   95   96   97   98   99   100   101   102