Page 12 - Libro Merendas Anxo 3
P. 12
BOCADILLO 100% CASEIRO CON PEITUGA DE POLO E PAN
INTEGRAL
Receita elaborada por Claudia G. (5º Primaria)
Ingredientes :
Para o friame de polo :
Peituga de polo ou pavo limpa sen pel .
Especias : Tomiño, allo moido, orégano, albáfega, cúrcuma, curry, perexil fresco ou
calquera outra.
Aceite.
Pimentón doce.
Para o pan caseiro:
300 gr. fariña integral 100%.
20 ml de aceite de oliva.
160 ml de auga.
5 gr. de fermento en po de panadería.
Unha pizca de sal.
Preparación:
Primeiro facemos a peituga.
Poñémola nun recipiente e botámoslle as especias todas e engadimos un bo chorro de
aceite , untando todo moi ben . Metémola primeiro 5 minutos no microondas e despois ao forno
20 minutos máis.
Deixamos arrefriar e metémolo 4 ou 5 horas na neveira.
Pasado este tempo fileteamolo o máis delgado que poidamos
En segundo lugar preparamos o pan :
Mesturamos tódolos ingredientes e amasamos máis ou menos 10 minutos deixamos
repousar a masa unha hora ou ata que dobre o seu tamaño.
Facemos boliños. E metémolos ao forno prequentado sobre papel de forno
aproximadamente 30 minutos a 250 graos .
Montamos o bocadillo. E nos acompañámolo cun batido feito con :
150 ml de leite semi desnatado.
3 fresas.
E medio plátano