Page 6 - Libro Merendas Anxo 3
P. 6

MUFFINS DE MAZÁ E CANELA

               Receita elaborada por Noa V. (6º Primaria) e Mateo (3º Primaria)



            Ingredientes:
            -2 ovos campeiros
            -125g panela
            -225g de fariña integral de trigo
            -2 vasiños de de kéfir(tamaño de iogur)
            -60ml de aceite de oliva virxe extra

            -1 mazá grande ou dúas pequenas
            -1 culleriña de pó para levedar
            -1/2 culleriña de canela en pó
            -1 chisquiña de sal



            Elaboración:

            1) Imos quencendo o forno por riba e por baixo a 200ºC.
            2) Poñemos nun bol grande a fariña, case toda a panela, o lévedo, o sal e a canela.

            3) Nun prato fondo batimos os ovos e engadimos o kéfir e o aceite mesturando todo
            ben.
            4) Imos engandindo esa mestura ao bol
            cos ingredientes secos e removendo ben.
            5) Troceamos as mazás e botámolas no bol.
            6) Repartimos a mestura nos moldes coa  axuda de dúas culleres.
            7) Poñemos por enriba unha pouquiña panela.
            8)   Metemos   no   forno     e   deixamos   que   se   fagan,   aproximadamente   25   minutos.
            Comprobamos cun palillo que saia seco.

            9) Deixamos enfriar sobre unha reixiña antes de desmoldar.
            10) ¡A disfrutar!
   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11