Page 25 - JUNIO 2024
P. 25

A MULLER QUE CIELO                                                          3


                  A muller que cielo é un pedazo de ceo nas miñas mans, é un raio quente de
                  sol que abriga a miña alma durmida... A muller que cielo é un minuto de
                  paz no medio da máis sanguenta guerra, é a choiva mollando o chan reseco

                  dun campo cultivado...

                  A muller que cielo é capaz de secar ata a última das miñas bágoas co seu
                  sorriso, e á vez é capaz de provocarme o maior dos prantos só con dicirme

                  que me ciela no momento que máis o necesito...

                  A muller que cielo é o ser que comprende máis aló da mirada, máis aló do
                  físico e o elemental... ela sabe debuxar esperanzas, mañás fascinantes,

                  viaxes estelares e encontros sublimes con só pechar os seus ollos e deixarse
                  levar... e levarme con ela...

                  Ela provoca que a miña alma se eleve polos ceos e atope a súa nunha nube

                  esperando por min, coa súa fermosura e as súas mans abertas para recibir
                  as miñas...

                  Ela coñece os meus temores, os meus desexos, os meus medos... ela sabe

                  cando sinto pena, dor, angustia e cando estou feliz...

                  A muller que cielo sacoume do letargo, mostroume que na Terra hai anxos
                  sen  ás  que  camiñan  ao  noso  lado,  que  velan  por  nós  dunha  maneira

                  especial... que, aínda que non podamos distinguilos ou velos, eles están
                  sempre coidando de nós...Ela é ese ser tan especial que puxo Deus no meu

                  camiño...

                  O meu soño es ti

                  O meu amor… estás aí?


                  Amor meu, a miña vida, estas palabras que che escribo repítochas moitas
                  veces, pero sempre as sinto coma se fose a primeira vez, pois cada mes que
                  pasa o meu amor renóvase facéndose máis grande.


                  A  esperanza  de  estar  contigo  crece  mes  a  mes,  caeu  outra  folla  do
                  calendario e estou tranquila, porque sei que un día non moi afastado estas
                  cartas  estar  a  ler  xuntos,  abrazados,  así  como  soñámolo  tantas  veces

                  durante este tempo.
   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30