Page 1577 - JULIO
P. 1577

Ámoche esposa miña por todo o que es, ámoche pola túa tenrura, a túa                        6
                  tolemia, o teu amor, a túa paixón, as túas virtudes e debilidades.

                  Es a miña amiga, non me fallarás, non me traizoarás e non me danarás.


                  Porque  somos  os  mellores  amigos  do  mundo,  ti  enténdesme  e  eu
                  enténdoche, somos dous nun, ou mellor somos dous que un?  Porque se

                  caio, ti levántasme e se ti caes eu levántoche, pero ai daquel que estea só,
                  pois cando caer, non haberá segundo que o levante!

                  Tamén se dous durmiren xuntos, quentaranse mutuamente, máis, como se

                  quentará un só? Por isto quero estar toda a vida ao teu lado, para que
                  esteas comigo e eu contigo e sentir a túa calor e a túa respiración.

                  Es o meu amante, a miña froita de paixóns, é o meu desexo o facerche miña

                  a cada momento, é o meu desexo verche ao meu lado na noite, é o meu
                  desexo profundo acariñarche, e estar contigo gozando da túa presenza,

                  amante miña, na noite enteira.

                  Que a noite se faga longa, placida e eterna, que o tempo se deteña para
                  seguir gozando deste gran amor, e ao final quedarnos durmidos contentos
                  de que esteamos o un xunto ao outro.


                  A miña esposa, a miña amiga e o meu amante é a unión de dúas persoas
                  que se aman, é o compartir día a día de todas as cousas que nos sucede, é


                  a paixón de estar con e como unha soa persoa.
                  Ti es a alma que acompaña a miña alma, o sangue que acariña o meu

                  sangue, a miña compañeira, o meu soño feito realidade, a miña esposa…
                  ÁMOCHE.


                  A miña amiga… Es a miña compañeira,


                  o meu amante e a miña paixón.
                  Ámoche o meu AMOR.


                  Ámoche, vida miña, ámoche con toda a forza do meu corazón, ámoche coa
                  alma, ámoche para sempre.


                  Ámoche vida miña, grazas, moitas grazas por permitirme o amarche día a
                  día, noite a noite.

                  Adóroche vida miña…
   1572   1573   1574   1575   1576   1577   1578   1579   1580   1581   1582