Page 1582 - JULIO
P. 1582

Desde o meu recuncho para ti,                                                               11

                  Dentro do meu soño


                  “Entre letras eu atópoche, entre cartas eu tócoche.

                  Entre soños a ti chego, sendo así espertar non quero.”

                  O meu soñado amor:

                  Onte á noite tiven un soño e dentro dese soño estabas ti.

                  Era moi estraño, coma se os dous estivésemos nunha burbulla no cal nada
                  nin ninguén puidese interrompernos.


                  Todo era marabilloso, especialmente o poder abrazarche, chorar xuntos e
                  falar das cousas que todo este tempo gardei no meu corazón.


                  Na nosa burbulla non había nada que nos separase, eramos un só.

                  Pasabamos  o  tempo  abrazado,  falando  coma  se  xamais  estivésemos
                  separados…

                  Era un soño estraño, pero fermoso, pois estabamos ti eu sós, vivindo o noso


                  amor.
                  Miraba os teus ollos tan preto dos meus, amábache, falábache, sorrías e
                  só había felicidade.


                  Que momentos máis fermosos eran eses os daquel soño!

                  Na mañá espertaba e non quería non, non quería que che foses do meu
                  lado,  mirei  a  miña  xanela  e  rapidamente  escribinche  estas  liñas  para

                  contarche que esa noite máxica estiveches comigo, púidenche sentir ben
                  preto, tanto que ata podía sentir a túa respiración.

                  Será amor meu que ti tamén soñabas comigo?


                  Resignado por espertar de tan belo soño volvinme á cama, apertei a miña
                  almofada contra o meu peito e pedíache que non che marchases, e que,
                  aínda que só en soños sexa, volveses a min de inmediato.


                  Estaba triste, pero puiden recuperarme rapidamente ao pensar no teu amor
                  por min.
   1577   1578   1579   1580   1581   1582   1583   1584   1585   1586   1587