Page 1895 - JULIO
P. 1895

Desde a túa xanela viches a mesma lúa, entre luceiros pasa                                  11


                  como unha noiva namorada despois duns bicos e unha rosa.

                  A  mesma  lúa  ilumina  o  meu  ceo,  os  mesmos  luceiros  como
                  gardiáns fieis de "A Dama da Noite" venme cruzar a ponte como


                  a iso do dez, cando pensando en ti regreso a casa, lugar onde
                  só hai silencio, silencio que deixo de escoitar cando digo o teu


                  nome.

                  Fáloche,  aínda  que  pareza  unha  tolemia,  fáloche  mentres  ti

                  sorrís desde a mesita de noite onde puxen cun lindo marco a

                  foto que me deches antes de partir, reflexo tan fermoso dos

                  teus ollos que me miran cando abro os meus á luz dun novo

                  día.



                  - "Non desesperes" - dígome.

                  Ti,  amor  meu  estás  á  distancia  duns  soles  e  unhas  tardes

                  vestidas de inverno. Pronto non serei para ti recordos, nin unha
                  voz alén do teléfono. Pronto o sei, seremos siluetas xogando

                  nas ondas, como raparigos que non pensan que hai outonos

                  que virán, nin aves que emigran.


                  Estaremos si como antes, lendo eu os teus versos, lendo ti os

                  meus versos, non separados por moitos quilómetros dun mar

                  que trae consigo momentos vividos do onte, como aquela vez

                  que fronte á súa inmensidade mirábasme, mentres eu ditoso

                  de estar así como en éxtase ante a presenza dun soño que se

                  cumpre, buscaba na miña alma frases que puidesen expresar

                  que es ti quen o meu corazón chama, ti a quen desexaba nas
                  noites longas cando o frío acompañaba o meu espazo, ti con

                  sorriso doce e mirada serena.
   1890   1891   1892   1893   1894   1895   1896   1897   1898   1899   1900