Page 1903 - JULIO
P. 1903

Ámoche  vida  miña,  grazas,  moitas  grazas  por  permitirme  o                            19


                  amarche día a día, noite a noite. Adóroche vida miña…


                  Ámoche tanto…

                  Só por ti


                  Só  por  ti  esta  noite  sinto  a  escribir  letras  soltas  que,  como
                  crebacabezas  de  mil  formas,  tentan  debullar  o  sentir  dun


                  corazón que cada día vive nun universo máis modificado.

                  Un corazón que latexa desenfrenadamente e quere saírse do

                  peito para correr xunto ao teu e estar cada hora, cada minuto,

                  cada  segundo  máis  preto,  transmitíndoche  as  calores  que

                  abrazan a miña alma e fanme sentir que a miña vida só ten


                  sentido se ti formas parte dela.

                  O amor chegou, ti sementaches a súa semente no meu peito

                  da que aos poucos vai xurdindo unha árbore que cada día é
                  máis forte, con raíces sólidas que se aferran ao chan que pisan


                  os teus pés.

                  Todos os meus carreiros conducen a ti e é que por ti o meu

                  corpo estremécese como nunca antes crin que puidese facelo.

                  Só porque existes as penas e dores internas son máis levadíos,

                  e sen a túa presenza as miñas alegrías non son completas.


                  Ti  es  esa  metade  perdida  que  me  complementa,  dáme


                  seguridade e minimiza as miñas penas.

                  Cada  "ámoche"  pronunciado  polos  teus  beizos  é  como  un

                  feitizo máxico que transforma o día en noite, o mar en deserto
                  e os Himalayas nunha pradaría pola que camiño co cabelo solto

                  e a fronte no alto, sorrindo e sentíndome o home máis ditoso


                  do planeta.
   1898   1899   1900   1901   1902   1903   1904   1905   1906   1907   1908