Page 271 - JULIO
P. 271

Pero agora entendo.
                                                                                                              18

                  Agora comprendo que o que os meus ollos choraban era a espera.

                  O camiño que tiven que percorrer ata chegar a ti. Choraban bágoas de
                  frustración porque no fondo sabían que todo aquilo non era senón unha

                  ínfima  parte  do  que  un  día  me  darías  ti.  Por  iso,  choraban.  Por  iso,
                  ansiaban a túa chegada e avisábanme así de que aquilo non era o que eu

                  merecía.

                  Sei que vivo un soño. Ás veces me belisco con medo a espertar, a perder

                  nun momento tanto amor, tanta felicidade.

                  Me belisco e suspiro de alivio cando os meus ollos seguen perdidos nos

                  teus, cando a túa man na miña man aperta forte e o mundo segue virando
                  ao redor de ti, ao teu sorriso, á túa mirada.

                  Sorrío  entón  e  sei que  non  espertarei xamais,  que  non  hai  mañá  para

                  espertar máis aló dos teus brazos, que o teu abrazo será sempre o único
                  lugar en que perder as horas, roubarlle á vida tempo.


                  Soñeiche  e  hoxe  sóñoche.  A  diferenza?  Que  antes  corazón  e  ilusión
                  durmían, esperando o momento en que chegases á miña vida e así espertar

                  para vivirche, para coller forte a túa man e ser feliz. Por unha vez. Por
                  sempre.


                  (Ti fasme amarche cada día máis)


                  Sempre teu… sempre miña… sempre noso

                  Desde o meu recuncho para ti.


                  Grazas por ser a miña luz
                  Agradézoche por encher aquel baleiro, por endulzar os meus beizos, por

                  alagar os meus ollos de esperanza por estremecer a miña pel e namorar a

                  miña alma.

                  Grazas por darme unha razón para vivir e seguir loitando.

                  Grazas por acompañarme, por tenderme unha man e estreitarme nos teus

                  brazos.
   266   267   268   269   270   271   272   273   274   275   276