Page 270 - JULIO
P. 270

Teño ganas de coller a túa man, de camiñar sen rumbo e de perderme
                                                                                                              17
                  contigo entre rúas e persoas, entre xente que nos mire pasar e xente que


                  prefira non mirar.
                  Pasear  contigo  pola  vida,  ao  ritmo  dos  nosos  latexados  acelerados,

                  parando a descansar só para bicar sen tropezar, por unha vez, pois desde
                  que estou contigo deime conta de que ningún dos dous sabe camiñar

                  bicando.

                  Haberá que practicar.


                  Teño algo que me trouxeches, unha felicidade nova na miña vida, unha
                  alegría que me acompaña e que se fai máis intensa cando téñoche preto,
                  cando todo párase e pérdome neses ollos verdes que tanto me gustan, que

                  tanto miran e escudriñan en busca das dúbidas que non atoparás xamais.
                  Como dubidar cando ao fin atopeiche.


                  Teño todo iso, máis mesmo, non minto, e todo o teño por terche a ti

                  (Ti fasme amarche cada día máis)


                  Sempre teu… sempre miña… sempre noso.

                  Desde o meu recuncho para ti.


                  Soñeiche  unha  noite  tardía,  no  amencer  dos  meus  amoríos,  cando
                  soamente pensaba en atopar aquela persoa que merecese todo canto levo

                  dentro.

                  Soñeiche e espertei do soño bañado en suores frías, medorento de non

                  atopar xamais o amor que hoxe dorme comigo.

                  Soñeiche un día, si, e agora resulta que vivo o soño. Camiñas ao meu lado,

                  bicas os meus medos e veas as miñas noites.

                  Sorrís  cando  tropezo  xusto  antes  de  tender  a  man  de  novo,  antes  de

                  preocuparche, antes de romper os moldes do que ata hoxe cría bo.

                  Chegaches  ti e comprendín  que  todo  o  que  vivira  non  eran  máis  que
                  mentiras, amores que non chegaban a ser amores, felicidade fatua que

                  voaba das miñas mans en canto sopraba unha leve brisa, humedecendo os
                  meus ollos con bágoas que, por aquel entón, non entendía.
   265   266   267   268   269   270   271   272   273   274   275