Page 262 - JULIO
P. 262

Propóñoche un contrato de amor.
                                                                                                              9
                  Un pacto para amarnos e compartilo todo, ti e eu.


                  Un trato de corazón, sen ataduras, nin formalismos.

                  Quero  contigo  un  amor  de  verdade,  un  amor  que  floreza,  madure  e

                  perdure, que se faga vello co tempo e que non morra xamais.

                  Un amor para darche todas esas cousas que teño gardadas no meu corazón


                  e que nunca entregara.
                  Un amor que nos encha, que sane vellas feridas e que non coñeza de

                  bágoas.

                  Un amor dos dous, para entregarnos, para apoiarnos e loitar xuntos polos

                  nosos soños, cada día.


                  Quero contigo un contrato de amor, co que es hoxe...

                  Sen importarme quen fuches


                  Sen que importe o meu pasado
                  Sen que nos preocupemos polo futuro.


                  Quero unirme contigo cun lazo de paixón e agarimo, ben forte, enorme
                  e doce, que non se solte nunca, que sexa... para toda a vida.


                  Quero compartilo todo contigo, todo o que son e o que podo ser, ao teu

                  lado, da túa man.

                  Quero que sexas a miña inspiración, a miña forza, o meu alento, para
                  xuntos conquistar a vida e rirnos dos fracasos e desalentos.


                  Quero  que  só  ti  sexas  a  miña  parella,  o  meu  complemento,  o  meu
                  ombreiro para chorar cando sexa preciso, a miña risa para celebrar a nosa

                  felicidade.


                  Quero que sexas para min e non só agora, senón para sempre.
                  Quero todo contigo, para iso entrégoche todo o que hai en min e poño

                  nas túas mans, o meu amor e os meus soños.

                  (Ti fasme amarche cada día máis)
   257   258   259   260   261   262   263   264   265   266   267