Page 298 - JULIO
P. 298

As  miñas  letras  séguenche,  eu  sígoche,  persígoche,                                    7
                  búscoche...  e  atópoche:  preto  ou  lonxe,  tarde  ou
                  cedo, hoxe ou mañá.

                  Porque non podo escapar de ti, es o que fai que cada

                  mes  sexa  algo  diferente,  un  amor  novo,  un  amor
                  renovado  porque  sempre  estouche  amando,  cada  día
                  máis,  cada  día  con  amor  renovado  polos  nosos
                  encontros  e  esta  unión  tan  bela  que  hai  entre  nós
                  dúas.


                  Está claro que este amor é un amor que sempre abundará
                  no noso ser, é estraño, pero sabes? Cando empezo a
                  facer cartas para ti, non podo parar, é algo así como
                  unha adicción.

                  Será que a nosa mente e os nosos corpos van cambiando?

                  Amor, non se que será, pero as miñas letras de maio
                  teñen algo máxico, porque me fan pensar nun mañá máis
                  temperán.

                  Camiño e camiño, sempre co teu nome nas miñas cousas,
                  e é que non quero que che vaias nin por un instante,
                  quero que me sintas, que saibas que ao meu lado sempre

                  camiñas  ti,  cada  carreiro  achégame  máis  a  ti  (soa
                  raro estando tan lonxe), para min é coma se estiveses
                  aquí, e claro, debes saber que as distancias nunca
                  son moi boas, pero eu acéptoas, prefiro isto a non

                  terche.

                  Toda esta historia de amor non cabe nas miñas mans,
                  debo  soltala  e  facela  chegar  dalgunha  maneira  alí
                  onde estas ti, porque non ten sentido escribir a un
                  destinatario anónimo.

                  Non amor, ti tes nome, tes o meu amor entre as túas

                  mans,  e  gárdasme  como  se  garda  un  tesouro,  seino
                  polas túas palabras tan cheas de amor e fidelidade.

                  Sei que me cielas, como eu a ti.

                  Sei que esperas con ansias as miñas cartas que só son

                  como un diario do amor do noso día a día...
   293   294   295   296   297   298   299   300   301   302   303