Page 978 - JULIO
P. 978

Gústanme os teus ollos, gústame o teu nariz, gústanme os teus beizos, o                     16

                  teu doce cara.
                  Gústame bicar os teus ombreiros, o teu pescozo, bicar a túa caluga e cos


                  meus beizos apertarche as orellas.

                  Gústanme as túas pernas e as túas irresistibles nádegas.


                  Gústame o teu pelo solto e os teus brazos ao descuberto.
                  Gústame o teu torso, os teus suaves peitos e o teu embigo.

                  Gústame abrazarche por detrás, gústame que me rodees o pescozo e que


                  apoies a túa cabeza no meu peito.
                  Gústame  acariñar  suavemente  o  teu  ventre  e  deslizarme  polo  val  que
                  protexen as túas preciosas cadeiras.



                  Gústasme cando cociñas e gústasme cando dormes.

                  Gústasme cando bailas e gústasme cando cantas.
                  Gústasme cando feixes, gústasme cando calas, cando falas e, sobre todo,

                  cando ris.

                  Gústame o que pensas, o que escoitas, gústame como es.

                  Gústame mirar a curva das túas costas, percorrer cos meus beizos cada

                  esquina  do  teu  corpo  perfecto  e  escoitar  o  murmuro  da  túa  voz  ao
                  pronunciar o meu nome baixo o ritmo do sexo perfecto que conseguimos
                  xuntos cando facemos o amor.



                  Gústame que me gustes…
                  AMARCHE... SENTIRCHE

                  Sentir o teu corpo espido xunto ao meu.



                  Sentir as túas mans percorrendo o meu corpo.
                  Sentir os teus beizos mornos bicando os meus.

                  O meu ser vibra de pracer e de necesidade de terche.


                  O meu corpo estremécese ao sentir a túa calor, as miñas ansias de terche
                  son tan grandes, que che cielo, ámoche máis e máis.
   973   974   975   976   977   978   979   980   981   982   983