Page 138 - MF1869 COMPLETO_Neat
P. 138
0.- PORTADA
É importante iniciar cunha portada que
presente os datos da entidade. Debe ter
un deseño que che chame a atención e que
motive ao avaliador para ler o contido. Debe
conter información como:
• Referencia institucional. Institución na
que se elabora, departamento, centro
unidade…
• Nome ou título do proxecto
• Persoa, unidade ou equipo responsable.
Autores e responsables directos do
proxecto.
• Data de elaboración.
Un aspecto importante é o nome ou título
do proxecto. Un nome atractivo, facilmente 1.- INTRODUCION/PRESENTACION
recordable, que mesmo se poida converter
en imaxe do propio proxecto, claro e conciso Probablemente pensarás “a introdución
é o primeiro que debemos escribir”, con
Exemplo de nomes: todo, non é así, xa que se demostrou que é
recomendable deixalo para o final.
A introdución é a carta de presentación do
noso proxecto polo que debe ser elaborada
con coidado e atendendo a que, moitas
veces, é o único que le un posible financiador.
Podemos dicir que se trata dunha das partes
máis importantes dun proxecto.
A introdución dun proxecto permítenos
darlle ao lector unha idea rápida e concisa
achega do contido no noso proxecto.
Ademais, mostra de maneira ordenada os
temas que se van a tratar e permite explicar
o que pretendemos facer.
Lembra que o primeiro contacto cos lectores
é de vital importancia, polo que unha boa
introdución de proxecto axudará a decidir
ao lector se seguir indagando no resto ou
simplemente deixalo ao carón.
Noutras palabras, permítenos captar a
atención do lector por medio de explicacións
claras e directas.
138