Page 164 - JULIO
P. 164

Acompáñame  a  percorrer  o  mundo  enteiro  e  faime  sentir  o  amor                      11
                  verdadeiro, o amor de dous tolos soñadores que só queren deixarse

                  levar polo amor.
                  A miña Esposa, a miña Amiga e o meu Amante, sempre teu, sempre


                  miña, sempre noso. Ámoche o meu Begoña.

                  (Ti fasme amarche cada día máis)
                  Sempre teu… sempre miña… sempre noso.

                  Detrás dun "ámoche".


                  O meu amor, o meu pedacito de ceo, canto estraño dos teus beizos un
                  bico.

                  Canto  quero  verche  neste  instante  e  dicirche  moitas  cousas  máis,
                  porque  aínda  teño  moito  por  dicirche,  hai  tanto  aínda  detrás  desa

                  frase, pero non me alcanzan as palabras e é que non as hai! Para o
                  amor  non  existe  un  dicionario  nin  un  alfabeto,  nin  unha  regra
                  ortográfica nin gramatical definida, e aínda así ten o marabilloso don
                  de comunicarse en todo momento, actúa coa súa propia lóxica e posúe
                  a súa característica forma de expresión, si, así é o amor.


                  Cales son as palabras que necesito para falarlle a unha célula do meu
                  corpo? Ou ao átomo, a un poro ou talvez ao sangue que corre polas
                  miñas veas? Non podes agarrar a ningún deles e falarlles esperando
                  que entendan unha linguaxe, unhas palabras que tratan de explicar
                  algo. Non podes tomar a enerxía que rodea o corpo e tentar falar con

                  ela, con todo, esas cousas existen, aínda que teñan “unha linguaxe
                  propia”, así é o corazón que non depende dunha linguaxe porque el é
                  autónomo, é capaz de pensar, decidir e elixir ao seu antollo, ademais
                  de ser capaz de comunicarse en todos os niveis sen tanta dificultade.


                  Ámoche, é o único que podería dicir porque non teño a capacidade de
                  describir nin escribir, moito menos traducir isto que di o meu corazón,
                  isto que grita tan alto e tan forte, isto que eu podo entender pero que
                  me é imposible de expresar en palabras porque a linguaxe do amor, do

                  corazón,  non  está  feito  para  ser  lido  nin  moito  menos  para  ser
                  comunicado pola mente, por iso a miña mente non o entende e non
                  pode traducilo a palabras, por tanto, as verdadeiras “palabras” do
                  corazón  non  poden  ser  distorsionadas  porque  ninguén  pode
   159   160   161   162   163   164   165   166   167   168   169