Page 167 - JULIO
P. 167

O meu amor:
                                                                                                              14
                  Es todo o que soñei, es a luz que máis aló das estrelas ilumina o meu
                  camiño, es a miña paz, a miña calma e o silencio que me dá forzas para
                  seguir adiante. Sempre necesito as túas palabras, as túas “ámoche” e

                  todo canto veña de ti, pois ti vives dentro de min, no meu corazón e en
                  cada un dos meus pensamentos… tanto así que xuntos creamos soños.

                  Eu sempre síntoche preto, presíntoche, estás en cada recuncho do
                  meu corpo, e no meu cuarto vives ti.


                  Todas as palabras do mundo non serían suficientes para expresarche

                  o moito que che cielo.
                  Pecha os teus ollos e sente o vento que fala de nós, a brisa sobre as

                  árbores trae un son de amor.
                  A lúa que brilla máis que nunca, fala dun día non moi afastado no que


                  ao fin esteamos xuntos.
                  É unha linguaxe que só poden apreciar os amores máis auténticos
                  como o o noso, é un idioma rodeado de estrelas.

                  Abre o teu corazón e a túa mente, escoita as voces dos nosos corazóns

                  que  se  aman,  dan  esperanza,  non  poden  calar  e  gritan a  todos  os
                  ventos o nome do seu amor…

                  E despois, á noite chégalles un agradable e amable silencio que nos
                  fai durmir tranquilos sabéndonos moi amados.

                  No ceo albíscase un “estráñoche”, é o noso. Podes velo nese ceo que

                  non é nin moi azul nin moi escuro, un ceo que para nós se abre cada

                  noite e día.
                  A lúa, o sol, os silencios e todas as voces se confabulan para facer
                  que sintamos preto e as distancias non nos doian tanto.


                  Eu sigo aquí coas miñas cartas e letras que buscan reafirmarche de
                  que nada cambia en min, todo segue igual, todas as esperanzas están
                  e todos os nosos soños seguen adiante…

                  Así que non te canses, non caias no silencio, as túas palabras fanme

                  falta. Sei que me cielas e estrañas, seino porque neste mundo somos
                  un só, ti e eu somos esperanzas e ilusión.
   162   163   164   165   166   167   168   169   170   171   172