Page 166 - JULIO
P. 166

O noso amor é diferente e aínda que as nosas letras parecesen ser as                        13
                  mesmas non o son, porque cada mes que pasa acurtamos máis as

                  distancias e a nosa corda faise cada vez máis curta.
                  Hoxe, este mes atópome sentado e riseiro porque se que teño un gran

                  amor,  un  marabilloso  ser  que  camiña  ao  meu  lado  e  que  coida  e
                  ilumina os meus pasos.

                  Desde xa antes de coñecernos sempre soñamos o un co outro, ti e eu,
                  e dicímolo sempre.


                  Atopámonos  no  mellor  momento,  non  tiña  que  ser  onte  nin  mañá,
                  senón  no  preciso  momento  que  a  lúa  se  cruzase  co  sol,  así  nos

                  atopamos os dous.
                  Xusto cando parecía que todo era escuro nas nosas vidas, chegou a

                  luz coa túa presenza, amor da miña vida- Es o que sempre soñei.

                  – Quero amarche sempre. Unha vez que a luz do día se ha ir, eu poderei
                  seguir  estando  contigo,  pois  habitarei  no  teu  corpo  coma  se  aquí
                  estiveses, e ti no meu…

                  Así  pasan as horas  e  eu  sigo  amándoche  aquí  no meu cuarto  que

                  sempre respira o teu amor, o teu nome, aquí podo escribir estas cartas
                  que che chegan e fanme saber que estás contento, que sorrís ao ver as
                  miñas letras, que che chegan como promesas cada mes… porque así
                  ámoche eu.


                  — Por agora é unha carta, o meu amor… pero iso cambiará

                  — A miña vida enteira xa é túa, só para ti, amor meu. Pertencémonos,
                  amámonos,  coidámonos…  queda  en  min  ou  quedarei  eu  en  ti,  é  o
                  mesmo, porque somos un só para amarnos por sempre.

                  Esa é a eterna promesa que un día nos fixemos, e así, cumpríndoa,


                  seguimos sempre xuntos, sempre fieis, sempre amándonos…
                  O meu amor, nunca dubides deste amor, nunca dubides en dicirme
                  canto me cielas, porque eu de ti non dubido nin por un instante, o meu
                  mundo vira xunto ao teu e así debe ser ata que estas cartas só sexan

                  un recordo porque pronto o máis lonxe que estarás de min será a unha
                  porta ou quizais unha xanela, pois eu saberei esperar o tempo que faga
                  falta para estar contigo.

                  Es todo o que eu soñei
   161   162   163   164   165   166   167   168   169   170   171