Page 313 - JULIO
P. 313

Non se se é verán ou inverno, ti cheas de calidez todos os meus espazos e
                                                                                                              6
                  non sei vivir sen ti. Non lle temo á néboa, non lle temo aos meses que pasan

                  polo meu calendario, porque en cada número e mes ti nome está gravado…

                  Como nos fai o amor…!

                  Ponnos máis tolerantes, ponnos máis melancólicos, pero á vez moito máis
                  alegres.


                  O corazón latexa de présa e sorrimos sen que ninguén nos vexa cando lemos
                  as nosas cartas tan amorosas.

                  Quizais, só quizais, para os demais aquilo que escribo non ten sentido, pero

                  para nós o é todo. Amámonos, verdade?

                  Dentro duns instantes estas palabras chegarán a ti, acudo ao chamado dos
                  teus ollos que tamén me estrañan.

                  Recoñezo o teu amor de lonxe, chegou dun futuro prometido como terra

                  sacra para dúas, agora que podes lerme e xa non es un destinatario inexacto
                  das miñas cartas, quero contaxiarche a certeza, esta certeza inexplicable
                  de saber que non faltan anos para coñecerche e atoparche.

                  Sempre estivo en min esa certeza de atoparche, sempre foi profunda como

                  a túa mirada, así de clara, só unha vez faltoume e por eses días chegaches,
                  e cambiaches a miña vida para sempre.

                  Esta carta está a ser enviada para non aspirar a túa ausencia, xa non quero

                  camiños que non me leven a ti. Soa a vida pola xanela, soa unha canción nas
                  árbores, é o gorrión que fai unha sinfonía con só sete notas… quizais non
                  coñeces os gorriones, quizais si, pero non coñeces como cantan deste lado do

                  atlántico.

                  Tampouco sabes que cada vez que volves, aínda que sexa en pensamento,
                  ese é un instante máxico. Tamén me sucede cando pronuncio o teu nome cada

                  vez que termino de escribir as túas cartas.

                  (Ti fasme amarche cada día máis) Sempre teu… sempre miña… sempre
                  noso.

                  Desde o meu recuncho para ti...


                  Para a miña vida enteira
   308   309   310   311   312   313   314   315   316   317   318