Page 316 - JULIO
P. 316
Tes unha mirada cativadora, esa mirada que non podo esquecer, eses
9
fermosos ollos que coa súa beleza alumaban o meu camiño, camiño que quero
percorrer a través da túa mirada para chegar todo o máis profundo do teu
corazón.
Esa mirada que fai que a miña alma se esborralle de amor e paixón, só quero
mirarche, aínda que sexa tan só un momento ou tan só un instante para
poder chegar á túa alma, para poder chegar ao teu corazón.
Desexo de verche sinto no máis profundo do meu ser, mesturado cun estraño
temor que non podo describir.
No teu rostro habita a miña felicidade, no teu sorriso as miñas ganas de
vivir, cara a ti vou segundo a segundo buscando consolo e encontro nos teus
ollos a maxia que me cura de todo mal.
Non me soltes nunca, xuntos da man escribiremos a cada pouco o mellor do
amor no lenzo da eternidade.
Amarche a cada momento.
O meu querido amor: A necesidade de saber de ti, de como estás, dos teus
días, ou de contarche acerca das miñas noites sen ti, fan que me sente no
meu recuncho para regalarche unhas letras…
Esas mesmas letras que sempre chegan cando máis se necesitan, cando
faltan as palabras.
Cando faltan as caricias están as cartas que voan ata as túas mans para
facernos sentir máis preto.
Escribíndoche as distancias non desbasten tanto, contigo sempre me atrevo
a voar moi alto, contigo non lle temo a nada e ninguén.
Dásme tanta dita e felicidade que non me cabe este amor no peito...
A noite, sempre é propicia para escribir estas letras e botar a voar a
imaxinación de como sería estar contigo.
Polo menos sei que por agora podemos os dous observar a mesma lúa, as
mesmas estrelas… e iso faime moita ilusión.
Amarche cada día e en cada momento é unha tarefa moi fácil e non está
limitada polo tempo.